Tres recursos de Educaplay para traballar a igualdade na aula
Boas!
Despois de ter a nosa primeira experiencia de traballo na creación dun recurso a semana pasada, esta semana tocounos seguir con esta tarefa. Desta vez non se trataban de recursos audiovisuais, exclusivamente, senón calquer tipo de recurso que poideramos crear dende a ferramenta de Educaplay.
Aquí vos deixo os recursos que eu creei destinados, ao igual que todos os que levamos feitos, para o alumnado de 6º de Educación Primaria e traballando o desenvolvemento do valor da igualdade e o compromiso co noso idioma.
1. Que queres ser de maior? (SOPA DE LETRAS)
Dende que nacemos xa se comeza a programar o noso futuro, empezando por
facer unha división do que se espera de nós segundo sexamos mulleres ou homes.
A linguaxe, como a representación da realidade que é, tamén reproduce estes
estereotipos. Para rachar con isto, proponse esta sopa de letras que fala sobre
as profesións laborais. Con esta actividade preténdese que o alumnado:
➩Distinga
entre o xénero gramatical (masculino-feminino) e o social (home-muller).
➩Acabar
coa presenza de roles de xénero.
➩Traballo
no uso dunha linguaxe non-sexista.
2. Nin de
homes, nin de mulleres! (RELACIONAR)
Os estereotipos de xénero son aquelas crenzas sociais sobre como son ou
como deben ser as mulleres e os homes, ao mesmo tempo que se establece o papel
que deberán desenvolver na sociedade. Ademais de ser unha das principais
ferramentas do patriarcado para perpetuar a desigualdade, estando os
estereotipos asociados aos homes máis valorados que os das mulleres, os cales
contan con menor prestixio e valor social. Con esta actividade preténdese que o
alumnado:
➩ Rache cos
estereotipos sexistas.
3. Non
estaban tolas. (ORDEAR LETRAS)
Un pobo que non
coñece a súa historia din que estará condeado a repetila. Por iso con esta
actividade queremos visibilizar a dúas mulleres, Maruxa e Coralia, quenes
viviron a represión do Réxime Franquista.
Estas dúas
irmás que saían polas rúas de Compostela vestidas e maquilladas dun xeito
estrafalario, baixo a súa imaxe de loucura escondían un gran drama social.
Proviñan dunha familia obreira, cun once fillos, tres deles membros destacados
da CNT. Tralo estourido da Guerra Civil, os falanxistas comezaron a perseguir a
toda persoa cuns ideais que poideran supor un "perigo para o novo
Réxime", sendo os irmáns delas unhas destas persoas. Aí comezou o seu
drama: facían rexistros da casa a altas horas da madrugada, espían as irmás na
rúa para humillalas públicamente... Os malos tratos continuados foron a causa
da loucura que sufriron. Finalmente os seus irmáns foron arrestrados ou
asasinados e a persecución sobre elas rematou. Pero xa nada volvería ser como
antes. Tiveron que deixar de traballar como costureiras debido que xa ninguén
se atrebía a pedirlles un traballo, pasando así, unha gran miseria e só podendo
vivir grazas a caridade dalgún dos seus veciños e veciñas.
Estas dúas
mulleres nunca pasaron desapercibidas, non só pola súa chamativa roupa, senón
tamén pola súa actitude: piropeaban aos mozos, algo que por suposto non se lle
ocurría a ningunha outra muller... e chegando mesmo a flirtear cos
estudantes.
Son unhas
das grandes representantes da represión dun tempo escuro na nosa terra.
Con esta actividade
preténdese que o alumnado:
➩ Traballar
a memoria histórica: as mulleres durante o franquismo.
Logo de facer estes recursos vou facer unha pequena reflexión sobre a ferramenta que empreguei. Educaplay é unha plataforma a na que poder crear distintos recursos dende videoquizs, crucigramas, ruletas de palabras... Eu en concreto botei man desta ferramenta para crear unha sopa de letras, un actvidade de relacionar e unha actividade que serve para responder a unha pregunta ordeando as letras.
Comezar dicindo que se trata dunha ferramaneta fácil de uso, moi intuítiva e que ademais conta con vídeo titorias que che serve de gran axuda indicándoche os pasos que debes seguir para crear o teu recurso.
Con todo atopeille grandes limitacións que enumerarei a continuación:




Comentarios
Publicar un comentario