Educaplay chegou a nós

Boas a tardes a todos e a todass ;)

Estamos levando a cabo a creación dunhas actividades multimedia interactivas mediante o uso deunha ferramenta TIC chamada Educaplay na que nós podemos elexir se queremos realizar adiviñanzas, unha sopa de letras, etc e eu decanteime pola realización dunha actividade tipo test, por unha ruleta de palabras e por un cruzigrama.

Esta ferramenta gustoume moito porque ademáis de non requirir a súa instalación, as actividades a realizar presentan todas un caracter moi interativo, destacando que é moi fácil e intuitiva a súa realización debido a que dispoñemos dun videotutorial, incluíndo na nosa man dereita unha axuda para poder saber que cousas debemos mellorar para chegar a nosa máxima puntuación, puidendo previsualizar a actividade e abaixo de todo podemos publicala cando xa estemos seguros e seguras de poder darlle a coñecer a comunidade de Educaplay a nosa actividade realizada.

A única deseventaxa é que hai publicidade metida en medio, aínda así podese saltar.
Recomendo esta ferramenta a todos e a todas, especialmente se ideas ser maestros e maestras, jejejejeje.




Tras varios días traballando na realización das miñas actividades en Educaplay, este é o meu resultado, espero que vos gusten e que poidan ser de uso para todos/as. 

Fixen unha ruleta da igualdade, un cruzigrama sobre as mulleres máis destacadas para Galiza e unha actividade tipo test sobre a gran Rosalía de Castro. 

A ruleta da igualdade:

Nesta activdade darémoslle aos nosos alumnos e alumnas unha definición referente ao campo da igualdade e terán que dicirnos a palabra que lle corresponde a cada definición. Intentamos que o alumnado poida acadar os coñecementos suficientes xa dende cativos neste ámbito, tendo en conta que se a igualdade non está presente na educación os rapaces e rapazas veranse privados/as de moitas oportunidades dende unha perspectiva social xa que a igualdade de oportunidades é o nivel básico para a transformación da sociedade na que vivimos.


Mulleres destacadas en Galiza:

Neste crucigrama vamos a intentar que o noso alumnado cunha anterior explicación coñeza a mulleres galegas moi importantes para a historia de Galiza, como Concepción Arenal, Filomena Dato, etc.

A gran Rosalía de Castro:

Esta actividade fará referencia a gran escritora galega, Rosalía de Castro, unha das poetas máis importantes do século XIX. Os nenos e as nenas levarán a cabo este test ao finalizar o temario referente a esta escritora tan coñecida e destacada en Galiza.


Comentarios

Publicacións populares