A miña experiencia no Hotpotatoes

Boas noites!!!

Para empezar vou falar da miña gran experiencia con hotpotatoes, pois vos digo como foi, malísiiiiima!!!!!! Eu persoalmente son moi mala cos ordenadores pero non pensaba que tanto, pero este programa deixoumo claro.
Para min persoalmente non ten unha facilidade de uso, as actividades que fixen non me saíron como eu esperaba pero non podía facer máis :/ Bo falando das miñas actividades, a miña primeira actividade é a do crucigrama, o meu tema foi, falar de conceptos sobre a igualdade, nas que eu poñía unha definición e o participante poñía o concepto que crea correcto.
A segunda actividade é a de encher ocos, nesta eu falei da autora María Vitoria Moreno, da súa biografía e dalgunha das súas obras, na que o alumnado ten que encher as palabras que faltan segundo a información que se lles dá. E a última é para relacionar, cada obra coa imaxe da autora que corresponde. Bo estas son as miñas actividades, creo que non puiden ser orixinar debido á dificultade do programa e tampouco puiden relacionar as tres actividades, xa que o meu computador non me deixaba.





























Comentarios

Publicacións populares