Ata sempre!

Boas tardes!!!!

Fai uns meses desexaba con ansia que chegase este día, o día no que por fin se acabase este curso e comezase o verán. Pero, agora, aínda que estou feliz por isto, tamén me dá un pouco de pena porque paseimo moi ben facendo este proxecto.

Durante estes meses aprendín moitas cousas útiles acerca das Novas Tecnoloxías que utilizarei cando exerza de docente. Creo que as TIC son moi importantes no so no ámbito educativo, senon en todos, tanto na nosa vida diaria como no resto dos traballos.

Ás veces, a xente da miña edade pensámonos que o controlamos todo, pero en realidade non é así. Si que é verdade que no ámbito das redes sociais controlamos bastante, pero en cousas tan simples e útiles como facer un Word ou un Power Point atopamos dificultades e, grazas a esta asignatura, aprendín a mellorar neste sentido.

Por último, gustaríame dicir que estou moi orgullosa do proxecto que elaboramos as miñas compañeiras e eu porque, a parte do tempo e esforzo que lle adicamos, creo que é un tema moi importante a tratar nas aulas. Estou segurísima de que este proxecto serame moi útil cando sexa profesora.

Con todo isto... Despídome!!!!

Adeus!! :)


Comentarios

Publicacións populares