O informe final

Boas!
Xa estamos chagando á fin do noso proxecto. Desta vez tocounos poñer todo o traballo que elaboramos durante todo este tempo por escrito nun informe.
Este informe conta de 6 partes:
-Unha xustificación que consiste nunha breve introdución na que facemos unha achega ao noso proxecto: unha web de recursos dixitais en galego sobre a igualdade.
-Unha contextualización tanto do centro educativo, que no noso caso se trata do CEIP Irmáns Villar de Ourense, e o alumnado para o que está destinado, que sería o alumnado de 6º curso de Educación Primaria.
-O contexto curricular, no que se recollen os obxectivos, competencias clave e áreas do currículo de primaria, que está marcado no Decreto 105/2014 da Comunidade Autónoma de Galicia, que traballamos.
-As actividades a realizar, que sería un recopilatorio de todos os recursos creados.
-Unha conclusión final na que damos a nosa opinión sobre as aportacións que nos fixo este proxecto, as dificultades coas que nos atopamos...
-Por último a bibliografía que nos serviu de soporte.

Velaí vai o noso informe:

Comentarios

Publicacións populares