Jigsaw Planet

Boas!
Para rematar estas sesións de traballo con distintas ferramentas TIC para a construción de recursos interactivos eu empreguei a aplicación Jigsaw Planet para poder facer un crebacabezas.
Trátase dunha aplicación online, o cal para min supón unha gran vantaxe, con rexistro gratuito e moi fácil de usar. Ademais tamén che xenera ao mesmo tempo un enlace de acceso e o iframe para pode insertar esta actividade no teu blog.
O único atranco que destacaría e que non che permite facer varios crebacabezas seguidos que conformen unha única actividade, así a miña idea inicial era facer unha serie de crebacabezas sobre distintas obras da autora, ademais de unha imaxe da mesma e de aspectos importantes da súa vida, para que o coñecemento sobre esta figura tan importante da nosa terra fose moito máis profundo.
A actividade que eu fixen é un crebacabezas de Maruja Mallo, a pintora galega máis internacional. Encádrase dentro do surrealismo e a xeración do 27, precisamente se o seu recoñecemento non é tanto como o dos seus compañeiros como Dalí, foi tamén pola súa condición de muller. Ao mesmo tempo foi a segunda homenaxeada (no ano 2017) polo Día as Artes Galegas, que se ven celebrándo dende o ano 2016. 
preview8 pieceMaruja

Comentarios

Publicacións populares