Bubbl.us


Esta útlima semana foi algo novidosa en comparación coas anteriores xa que o noso profesor deixounos escoller entre 150 ferramentas para a realización de actividades interactivas, eu decanteime tras moito tempo explorando e inspeccionando todas elas, por Bubbl.us debido a que nunca levei a cabo un mapa conceptual e pareceume verdadeiramente interesante!

Bubbl.us baixo o meu punto de vista foi unha ferramenta fácil de manexar e moi útil que recomendo que proben os profesores se queren elaborar mapas mentales con ideas principais que queren tratar nas súas clases. Esta vez non tiven ningún tipo de problema a hora de gardar dita actividade, tras mirarme un videotutorial, pilleino a primeira.

Nesta actividade, tratei o tema que levei en tódalas actividades realizadas con anterioridade: A igualdade e a lingua galega e ademáis incoporei 3 actividades para poder realizar co noso alumnado de 6º de primaria para que así asimilen tódolos contidos que levamos tratando.



Enlace:
https://bubbl.us/NDY3NzU1Ny84OTc1NDU2LzkzYWQyZTY4NmNjZmQwNjA1Zjc1YTkwZWY4ZmY5MTFi-X?utm_source=shared-link&utm_medium=link&s=8975456

Comentarios

Publicacións populares