Tikatok


Boas tardes!!!

Creo que esta é a última actividade que imos facer e é a única na  non tiven tanto problema, pero o que me preocupa é que creo que non se me gardou ben, xa que noutros ordenadores non aparece como me aperece no meu. :/
Para esta actividade escollín  tikatok, xa que me chamou a atención o seu nome.
É unha ferramenta divertida para crear libros, contos para nenos.
No meu caso fixen un libro explicando a igualdade de xénero, a nosa temática, para os nenos e nenas de 6º de primaria.

Para que non lles sexa aburrido, o que fixen foi, poñer textos, seguidos dalgúns contos, que a maioría xa coñecerán.

Tamén falei da muller no deporte e ao final dunha das grandes escritoras galegas.
O que tentei facer nesta actividade é falar en xeral de todas as actividades que fixen en relación con esta temática, e falei un pouco de todo.

O malo desta ferramenta é que ao principio che di que é  gratuíta pero a medida que vas traballando non o parece, xa que non che deixa engadir imaxes da túa propia galería, por exemplo, e tampouco podes acceder se non estás rexistrado.

Déixovos a ligazón abaixo para que poidades lelo xa que á miña paréceme divertido.


https://www.tikatok.com/book/edit/title/se-ti-ed-uacute-casnos-igual-seremos-iguais


Comentarios

Publicacións populares