Edilim decepcionoume!!

Ola a todos e a todas!!!!

Esta semana o que tiñamos que facer eran dúas actividades utilizando a ferramenta de Edilim, que é un recurso a partir do cal se poden realizar moitísimas actividades. Esta ferramenta parecíame interesante e máis sinxela que Hotpotatoes pero, unha vez utilizada, podo dicir que decepcionoume un montón. Permite crear unha gran variedade de actividades e pensei que sería chula para utilizala nun futuro. As miñas expectativas, como primerira impresión eran altas, pero...

Podemos dicir que é moi fácil realizar unha actividade con esta ferramenta pero, o mesmo que ten de fácil para creala, téno de difícil ou IMPOSIBLE gardala. Fixen as miñas actividades pero, cando as gardei, ao abrilas, non se podía ver a actividade que fixera. Intentei gardala e abrila de múltiples maneiras diferentes pero o único que fixen foi perder o tempo porque non se podía. Finalmente, despois de máis dunha semana intentándoo, tiven que volver facelas dende outro ordenador e puiden subilas.

Non recomendo para nada esta ferramente pola súa dificultade ou imposibilidade para gardar as actividades realizadas dependendo do ordenador dende o que se suban. O único que provoca é unha pérdida de tempo intentando gardalas.

A primeira actividade que fixen foi unha galería de imaxes, na cal puxen os nomes e imaxes de seis mulleres importantes na nosa historia. O fin desta actividade é que os nenos e as nenas visualicen a estas mulleres e poidan recoñecelas á vez que o seu profesorado lles fale acerca da súa vida e de todo o que elas aportaron, explicándolles por que son importantes.




A segunda actividade realizada foi unha que se chama Preguntas. Nesta fixéronse catro preguntas acerca de feminismo e, o profesorado deberá deixar ao seu alumnado que faga uso de Internet para poder resolvelas porque, así aprenderán moito máis debido a que terán que buscar información Internet. O fin desta actividade é que aprendan acerca do feminismo e da súa importancia.



Espero que vos fora útil!!!!
Un saúdo!!!!

Comentarios

Publicacións populares