Dous recursos feitos con EdiLim!

Boas!
Esta semana tocou traballar en Edilim, non coñecía esta ferramenta e sobre o meu primeiro contacto con ela, podo dicir que foi bastante frustante... Atopei bastantes dificultades para poder subir esta actividade a rede, dado que a diferenza de hotpotatoes na cal podías facelo directamente dende a aplicación, neste caso tiven que botar man doutro espazo: "Chiscos".
No tocante ás actividdes que eu decidín facer foron: clasificación de textos(desta actividade a verdade é que me gustou moito, só sinalarei como limitación que non podía escrbir textos moi amplos, por iso igual as frases que teñen que clasificar son moi sinxelas), e parellas (con esta actividade topeime un gran probema, o formato da actividade non estaba plantexado como era a miña idea inicial. O formato da aplicación era que se identifiquen parellas de imaxes iguais, a miña idea era que se fixeran parellas da imaxe co texto que fala de cada unha destes tres personaxes. Ao mesmo tempo que non me permitía cambiar o tamaño das imaxes, eu quería amplialas para que se puidera ler os textos que redactei sobre cada unha das tres marías.)
Con todo hai un aspecto positivo que me gustaría sinalar desta ferramente e é que se pode seleccionar como lingua de traballo o galego, o cal é un punto moi importante do noso proxecto, que tamén é constribuír na normalización do noso idioma.
Con respecto ao contido destas actividades, na primeira, "Linguaxe non sexista no día a día da escola", trtáse de ofrecer recursos ao noso alumnado para que fagan un uso máis inclusivo da linguaxe a partir da clasificación de distintas oracións nas que se fala do día a día no colexio segundo estean escritas cunha linguaxe sexista ou non sexista.




A segunda actividade consiste en facer parellas de tres personaxes moi importantes na historia galega: "As tres Marías: María Balteira, María Castaña e María Pita".

Comentarios

Publicacións populares