ClassTools

Moi boas a todos e a todas!!!!

Hoxe explicareivos a útlima ferramenta utilizada coa que fixen a miña última actividade. Como tiñamos que elixir unha ferramenta que nós quixésemos, eu decanteime por ClassTools, coa que creei unha actividade de clasificar.

Persoalmente, a esta ferramenta véxolle pros pero tamén contras. O que me gustou foi que é moi sinxela de utilizar e non se tarda demasiado en crear a actividade. Pola contra, non me gustou que está en inglés e non me deixaba traducilo, non me deixou poñerme como autora e, ao insertala no blogue, non se pode utilizar directamente dende el, cousa que si que se podía facer co resto de ferramentas que utilicei.

Si que é verdade que son bastantes as contras que eu lle encontrei pero, entre todas as ferramentas que tiñamos que elixir esta era unha das únicas que me servía porque moitas delas eran para facer actividades que logo se tiñan que imprimir, polo cal non eran interactivas.

A actividade que fixen consiste en clasificar doce palabras en catro ocos en función de se son estereotipos femininos ou masculinos e se son algo que debemos acadar ou eliminar na nosa sociedade. É unha actividade feminista, sobre a igualdade, para facer que os nenos e nenas tomen conciencia da realidade que nos rodea. Isto é moi importante porque neles está o futuro e se traballamos isto con eles e elas dende pequenos/as podemos facer que a nosa sociedade mellore no futuro.

A acontinuación deixareivos tanto a actividade como a ligazón a ela por se non a podedes empregar (polo que dixen nos contras da ferramenta).




Ligazón: http://www.classtools.net/widgets/dustbin_6/64Bw0.htm

Espero que vos guste!!!! Ata a próxima!!!!

Comentarios

Publicacións populares