Revolución Lila despídese
Boas tardes!!!
Bo ata aquí chegamos, esta é a miña última
entrada neste blogue, e trátase da miña experiencia nesta materia durante o
cuadrimestre.
A verdade é que o primeiro día de clase dicía que non ía poder
superar esta materia a nivel práctico, porque a tecnoloxía e eu non tivemos
nunca unha boa relación. Pero a medida que pasaban as clases con cada práctica
ía aprendendo máis e máis e foime gustando, bo tampouco era todo de cor rosa,
xa que tivemos moitas dificultades á hora de realizar actividades con algúns
programas, pero aos poucos fómolo levando e sempre traballando en equipo.
A
pesar das dificultades, tanto a min como ás miñas compañeiras de grupo
levámonos unha boa experiencia, por parte dos profesores, sobre todo.
Todo o
aprendido e toda a información dada en cada sesión querémola transmitir ao noso
alumnado no futuro, xa que agora estamos nun momento onde a tecnoloxía
revoluciona en todos os ámbitos, e a xeración que vén vai revolucionar moito
máis.
Con isto
despídome, e grazas por todo, botarásevos de menos.
Revolución lila.
Comentarios
Publicar un comentario