O fin.

Boas tardes!

Estou moi agradecida de haber cursado esta materia de Novas Tecnolíxas neste 2 cuatrimestre de 1º de carreira, posto que eu pensaba que sabía "manexar" de maneira correcta as TIC, pero decateime de que isto non é así. 

Ao longo deste 2º cuatrimestre adquirín moitísimas habilidades e capacidades no ámbito da tecnoloxía que antes non tiña., por exemplo:aprendín a crear blogs, actividades interactivas para nenos e nenas de educación primaria con diversas aplicacións coma Educaplay, Edilim, Hotpotatoes, etc, todas elas ferramentas que van ser moi útiles para a miña futura labor de docente. 

Así mesmo, considero que esta asignatura é moi importante e relevante para todos e todas nós, xa que vivimos nunha auténtica revolución tecnolóxica, onde esta sociedade de información ten un papel moi esencial nas actividades tanto sociais, coma económicas e culturais.

Aínda así, ter moita información non implica saber transformala en coñecemento e esta asignatura serviunos para saber tratar a información dunha forma totalmente competente, adquirindo ao longo de todas as sesións unha posta en práctica de estratexias coma o razoamento, síntesis, etc, para o acceso da información e para saber posteriormente transformala en coñecemento a través dun aprendizaxe propio e  aplicar o aprendido nun futuro cos noso alumnos e alumnas e nas diferentes situacións.

Despídome cun pouco de morriña, pero moi contenta.... 
Unha aperta para todos e todas, espero que o noso Blog fose do voso agrado!

Comentarios

Publicacións populares