O día das exposicións

Moi boas!!

Esta é a miña penúltima entrada no blog e vai estar adicada ás exposicións que fixemos o martes pasado todos os grupos sobre o proxecto que levamos traballando durante todo este tempo: catro meses.

Na miña opinión, todos os grupos fixeron un traballo moi bo e foi moi interesante porque aprendín moitas cousas grazas aos seus proxectos. Creo que serán moi útiles para cando todos e todas nós sexamos docentes, xa que é unha maneira de que o noso alumnado aprenda moitas cousas dunha forma máis amena e divertida, que é como se debería ensinar verdadeiramente.

Todos e todas fixeron unha exposición moi divertida e explicáronse moi ben, o cal é moi positivo xa que no día de mañá van ter que explicarlles aos nenos e nenas de primaria. Espero que todos e todas sigamos progresando para ser uns/unhas bos/boas profesores/as no futuro.

Un saúdo!!!!

Comentarios

Publicacións populares