Nervios superados!

OLAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA!

Qué tal estades? espero que moi ben. Eu atopome neste intre moi emocionada posto que esta é a miña penúltima entrada no blog e dame un pouco de pena xa que nestes 4 meses paseimo moi ben e aprendín unha chea de cousas que antes descoñecía por completo no ámbio das TIC, dende unha aprendizaxe totalmente cooperativa coas miñas compañeiras de traballo.

O pasado martes día 8 de maio de 2018 realizamos unha exposición, na que tiñamos que desenvolver todo o noso proxecto realizado durante o cuatrimestre nunha duración máxima de 5 minutos por persoa. 
Todas pareceronme que estaban moi preparadas e que a xente estaba disfrutando mentres estaba expoñendo, é de destacar que algúns parecían máis nerviosos e nerviosas ca outros e outras, cousa que entendo porque somos primerizos neste ámbito e aínda non estamos totalmente familiarizados a esto, pero en xeral foi unha auténtica pasada! Pasáronseme as 2 h de clases nun abrir e cerrar de ollos, todos os grupos conseguiron acadar a miña atención ao 100 por 100.

Con respecto a miña exposición, espero que haxa sido do agrado de meus compeñiros e compañeiras xa que intentámolo facer o mellor posible e poñer todas as nosas ganas e ilusións.
 

Unha aperta!!

Comentarios

Publicacións populares