Chegou o fin

Ola a todos e a todas, hoxe estamos un pouco tristes... chegouo momento de poñer fin a esta gran aventura de creación de entradas, de diversas actividades dixiatais... estamos ante o noso último proxecto nesta materia.

Tras tres intentos buscando diversas aplicacións para a realización dun novo blog xa que tivemos diversos problemas coa súa creación, atopamos Site123. Aquí levamos a cabo unha web de recursos dixitais en galego traballando o tema da igualdade (tema que levamos a cabo en todas as nosas actuación nesta materia) co nome de "Coeducación en Galego".

Entres Lucía, Alba, Majda e Sara dividimos todos os nosos recursos dixitais que foron feitos ao longo deste cuatrimestre en tres grandes bloques:
-Esteriotipos.
-Feminismo.
-Mulleres Galegas.

No conxunto destas actividades que fixemos pretendíamos lograr unha igualdade real e non ficticia e debido a que nós vamos ser futuras mestras intentamos levar a cabo a coeducación en galego co noso alumnado, destacando as mulleres nos seus diversos logros que tiveron lugar ao longo da istoria.



Comentarios

Publicacións populares