Tres recursos máis... esta vez creados en Hot Potatoes!

Boas!
Se a semana pasada nos atopábamos creando tres recursos multimedia en Edacaplay, esta semana contnuamos nesta tarefa pero desta vez, servíndonos da ferramenta Hot Potatoes. 
Comezarei por falarvos un pouco desta ferramenta TIC, Hot Potatoes conta con 6 ferramentas que nos permiten crear as seguintes actividades:
1. JQuiz: con ela podes crear preguntas tipo tes de respostas múltiples, curtas, híbridas...
2.JCloze: para facer exercicios de encher ocos.
3.JCross: elabora crucigramas.
4.JMatch: exercicios de emparellamento e organización.
5.JMix: exercicios para ordear letras, palabras ou fragmentos.
Por último posúe o programa The Masher, que che permite crear unidades completas de actividades, enlazando os exercicios que crearas coas anteriores ferramentas.
A min esta ferramenta gustoume moitO máis que Educaplay, xa que, aínda tratándose dunha ferramenta máis difícil de usar, permíteche moitas máis opcións para editar o teu recurso: editar tanto o fondo, a letra..., engadir vídeos, imaxes... O que fai  que o resultado sexa moito máis atractivo para o alumnado.
En concreto eu servinme dela para crear:
-Unha actividade tipo test, que leva por título "Historia 8M" para achegar aos nenos e nenas a historia do día intenacional da muller.


http://uk2.hotpotatoes.net/ex/64048/KFPIBGJJ.php

-Un crucigrama, "Linguaxe inclusiva". Para que o noso alumnado non faga un uso sexista da linguaxe e se sensibilice coa linguaxe inclusiva.


http://uk2.hotpotatoes.net/ex/64048/PBFPGOIQ.php

-Por último, unha actividade na que teñen que completar un conto: "Os malos ratos sutís", de Diego Jiménez co que se denuncia todo o papel que espera a sociedade que asumamos as mulleres.



http://uk2.hotpotatoes.net/ex/64048/SYDPODCL.php

Con estas tres actividades creei a unidade "Coeducacndo en galego", que recolle o doble espírito do noso traballo: Por unha banda crear recursos que traballena a coeducación, isto é a educación en común e a igialdade, ao marxe do sexo das persoas. Significa detectar todos os esteriotipos asociados ao masculino e ao feminino, ser consciente deles, eflexionalos e por en marcha as medidas necesarias para eliminalos da nosa linguaxe e o noso comportamento. Por outra, crear recursos na nosa lingua, contribuíndo deste xeito á normalización desta.
COEDUCACIÓN EN GALEGO!

Comentarios

Publicacións populares