Utilizando Educaplay!!

Boas tardes a todos e a todas!!

Hoxe a miña entrada vai estar adicada a falarvos acerca dunha ferramenta que se chama Educaplay e que permite facer unha gran variedade de recursos TIC, como por exemplo: sopas de letras, crucigramas, relacionar columnas, completar, videoquiz...

É unha ferramenta moi útil e, ademais, pódea usar sen complicacións todo o mundo porque para cada recurso aparece previamente un vídeo sobre como facelo. Isto facilita moito o seu uso.

Paréceme moi interesante esta ferramenta sobre todo para todas e todos nós, como futuras/os docentes, xa que permitiranos explicarlle ao noso alumnado dunha maneira orixinal e divertida o contido. Desta maneira poderán aprender xogando, o cal me parece moi positivo porque aprenderán sen darse de conta.

A parte negativa é que se empregades unha conta grupal, non poderedes iniciar sesión todos/as á vez porque bórrase o que teñades feito.

Eu realicei tres recursos, a continuación explicareivos en que consiste cada un:

- É o noso papel na sociedade. Esta é unha actividade de completar na que se tratan os roles de xénero. A miña intención con este recurso é que os rapaces e as rapazas entendan este concepto e que tomen conciencia de que está moi presente na nosa vida diaria. Na nosa sociedade hai unha serie de comportamentos que erroneamente "debe" adquirir a muller e outros que "debe" adquirir o home, e iso ten que cambiar.

- Adiviña a escritora. Esta actividade consiste en que os rapaces e as rapazas adiviñen cal é a escritora da que se está a falar a partir dunha beve descrición inicial, dunha imaxe e dalgunha pista máis coa intención de visualizar ás mulleres no ámbito da literatura e que adquiran unha maior cultura.

- Marie Curie. A actividade, como ben indica o título, é acerca da importante científica Marie Curie. Está formada por unha frase na que as palabras están desordeadas e os rapaces e rapazas teñen que ordealas de maneira que adquira sentido. Unha vez máis, a finalidade é que os nenos/as adquiran cultura e que se visualice ás mulleres no ámbito científico.


Animádevos a probar estas actividades!! A ver se sodes capaces de resolvelas á primeira!!


Comentarios

Publicacións populares