Ferramentas TIC 2x1: De balde e de uso intuitivo

Despois de traballar un par de semanas con recursos chegou a hora de meternos en fariña e comezar a crear os noso propios , en  concreto recursos audiovisuais. Os recursos que eu creei foron un cómic e  un pequeno titorial.
Para facer as imaxes do cómic empreguei a aplicación Make Beliefs Comix, unha ferramenta online, moi fácil de usar e sen ter que rexistrarte. Conta con distintos personaxe entre os que escoller (incluso clicando en cada personaxe contas con distintas opcións que seleccionar segundo a emoción que queiras que trasmita esa personaxe), bocadillos de distintos tamaños e formatos, onomatopeias e fondos. 
Entre as limitacións da aplicación destacarei que só che permite seleccionar deseños prestablecidos, non che permite crear o teu propio fondo da viñeta ou unha personaxe a través dunha fotografía ou debuxo que ti fixeras, o que ao meu parecer limita a capacidade de creación. Tamén conta cun formato limitado: só permite crear cómics de 9 viñetas, polo que tiven que adaptar a historia a este tamaño.


Con todo o principal problema que tiven foi que non me permitía insertarlle un audio a cada viñeta, polo que decidín descargar as viñetas en imaxes e logo montalas nun único vídeo, ao que lle acoplei un audio que grabei eu, dando voz as distintas personaxes, para facer isto empreguei a aplicación Movie Maker.
Para facer o titorial tamén botei man desta última ferramenta, o Movie Maker, unha ferramenta de descarga gratis. Ten un uso moi fácil e conta con distintas aplicacións para a dición do vídeo: podes recortar tanto o audio como vídeo, aplicar filtros ao vídeo, regular o volume das voces do vídeo e do audio, engadir texto ao vídeo...
A principal defecto que lle vexo e conta cunhas plantillas para facer introducións e créditos ao vídeo moi sinxelas, pouco atractivas visualmente.

Comentarios

Publicacións populares