As miñas actividades en Educaplay

Boas tardes!!!

Hoxe vouvos falar de educaplay, xa que esta sesión tocounos traballar con esta ferramenta, na sesión anterior tamén tivemos a oportunidade de desenvolver unha actividade coa mesma ferramenta, pero ao final non a usei para a miña actividade.
Educaplay é unha ferramenta que permite crear e compartir actividades multimedia educativas. A hora de usar esta aplicación non ten ningunha complicación, xa que che ofrece vídeo tutoriais segundo a actividade que elixas e ten moita variedade onde escoller, por exemplo hai actividades de adiviñas, crucigramas, relacionar columnas, entre outras cousas.
Agora vouvos presentar as actividades que acabo de crear no educaplay, no meu caso fixen tres actividades, unha de elas é a de relacionar columnas, outra relacionar mosaicos e a última é unha presentación.
Na actividade de relacionar columnas presento seis importantes autoras galegas, despois de falar delas na aula co alumnado, realizamos esta actividade divertida que consiste en relacionar a imaxe da autora co seu nome, así os nenos e as nenas podan aprender duncha forma divertida.
Na segunda actividade de relacionar mosaicos deporte relacionado coa muller é un tema a min encántame e gustaríame o día de mañá chegar a exercer de docente e falar sobre este tema co meu alumnado, na materia de educación física ou noutra, para que nenos e nenas teñan en conta que tamén o deporte é feminino e que hai moitas mulleres que fixeron gran cousas neste ámbito, aínda que case non son nomeadas nas noticias, por exemplo sempre se fala da liga de fútbol masculina pero non da feminina.
E por último, fixen unha serie de presentacións con distintos termos sobre a igualdade, na que puxen varias definicións curtas acompañadas de imaxes e tamén dun vídeo, no que fala da linguaxe sexista na publicidade da televisión.

Entra e proba estas actividades ;)

Comentarios

Publicacións populares