Creando actividades en Hotpotatoes!

Boas tardes a todas e todos!!!!

Estes días estiven mirando en que consistía a ferramenta Hotpotatoes: permite crear cinco tipos de actividades distintas, como por exemplo de relacionar, crucigramas, ordear palabras...
Está moi ben se o que se quere é que os nenos e as nenas aprendan dunha forma máis amena pero, a parte negativa que lle vin é que é hai moitas dificultades para crear unha unidade coas nosas actividades e subila. Eu, tras moitos intentos, aínda non fun capaz. Así que déixovos aquí as miñas tres actividades cunha breve explicación de cada unha delas:

- A primeira actividade que fixen titúlase "Feminismo" e consiste en ordear palabras. Os nenos/as teñen que ordear unha frase sobre unha breve definición do feminismo. A intención é que valoren a situación actual da nosa sociedade e adopten a postura feminista dende pequenos/as para que, nun futuro, os cambios sexan visibles.




- A segunda actividade realizada recibe o nome de "Homes ou mulleres?" e é unha actividade de relacionar. Hai unha serie de características e de labores que, na nosa sociedade, debido á grande cantidade de estereotipos que hai, son atribuíbles aos homes ou ás mulleres. Os nenos/as deberán elixir cales son atribuídas a cada un dos sexos para facelos reflexionar acerca desa situación.



- A terceira e última actividade que fixen chámase "Mulleres importantes na nosa historia". É un test no que se fan preguntas acerca de mulleres importantes na nosa historia. As mulleres, a pesar de que fixeron aportacións importantes, sempre foron invisibilizadas e esta é unha boa forma de facelas visibles para os máis pequenos/as, así, tamén valorarán todo o que elas fixeron. Ademais, cada resposta inclúe información a maiores (tanto as correctas como as incorrectas) para que aprendan máis!!



file:///C:/Users/Jose%20Angel/Desktop/hotpotatoes/index.htm
Espero que vos gusten e que intentedes resolvelas!!
Ata outra!!

Comentarios

Publicacións populares