A realidade da nosa sociedade

Boa tarde a todas e a todos!!

Hoxe a miña entrada vai estar adicada a explicar un recurso audiovisual feito por mín e que está destiñado ao alumnado de 6º de Primaria.

Este recurso consistiu na realización dun titorial (https://youtu.be/Li5zuEi3GDY) no que se explica dunha maneira sinxela e breve algúns dos conceptos máis importantes acerca da igualdade, temática do noso traballo. Os conceptos que elexín explicar foron o machismo, o androcentrismo, o patriarcado, a discriminación, o sexismo, a brecha salarial de xénero, a linguaxe sexista e os roles de xénero.

Considero que é de gran importancia ensinar aos nenos e nenas estes conceptos dende idades temperás debido a que así asimilaranos mellor e porque son una realidade na sociedade na que vivimos. Falarlles acerca destes temas axudará a que a nosa sociedade avance e pouco pouco poda mellorar para alcanzar unha igualdade total.

O programa que empreguei para a realización deste recurso audiovisual foi o editor de vídeo Adobe Premiere Clip, que é un editor para móvil. É un programa moi sinxelo pero útil á vez. O único que hai que facer e seleccionar as fotos e/ou vídeos para a realización do noso proxecto final e permite elixir a súa creación de maneira automática (xérase editado segundo as pulsacións da banda sonora e personalízase a velocidade, a música e a orde) ou de forma libre (hai que recortar, secuenciar e editar manualmente), que é a que eu elixín.




Este editor permite facer moitas cousas, como por exemplo editar a exposición, o resaltado e as sombras da imaxe ou vídeo; engadir música seleccionando o seu volume e o segundo no que debe comezar esta; engadir filtros ás fotos e vídeos; movemento de foto...






É moi doada de usar, así que anímovos a descargala!!
Espero que vos guste!!

Comentarios

Publicacións populares