Atrévete a probar a nosa WebQuest!!

"Así falou Penélope:
                                                         Existe a maxia e pode ser de todos.
                                                         ¿A que tanto novelo e tanta historia?

                                                         EU TAMEN NAVEGAR
                                                                                              Xohana Torres   (Do libro: TEMPO DE RÍA)

Temos que atrevernos a navegar, a mudalo todo, rematar cun mundo inxusto que silencia o traballo das mulleres. A lingaxe é a representación da realidade máis inmediata no noso día a día, silenciar a contribución das mulleres nas nosas letras é silenciar a nosa historia, a nosa cultura e, polo tanto, renunciar a unha gran parte da nosa entidade.
Existen mulleres dabondo na nosa literatura, que deben servirnos de referentes. Debemos traelas á memoria nesta actividade, como exercicio de xustiza con todas elas, mais tamén como un paso máis no camiño pola construción dunha sociedade femnista na que rachemos con toda desigualdade e, desta maneira, tocar a maxia da que nos fala esa Penélope da poeta Xohana Torres. 
Por iso na nosa WebQuest o tema que se vai tratar é o das mulleres galegas na literatura (a súa vida, obra…) co obxectivo de que se visualice ás mulleres, que sempre estiveron invisibilizadas en tódolos ámbitos, e de aprender un pouco máis acerca da literatura galega.
A actividade que se vai desenvolver consiste en buscar información acerca da vida e obra de entre tres e cinco autoras galegas cunha redación e posterior exposición oral dunha delas a toda a clase.

QUE BEN, QUE BEN, HOXE CREAMOS UNHA WEBQUEST!! 🎵🎵

Comentarios

Publicacións populares