Os nosos recursos audiovisuais

Despois de presentar as ferramentas coas que traballamos toca facer unha reflexión sobre as ideas que hai detrás dos nosos recursos.
Por unha banda a compañeira Lucía Esapaña Fariñas creou un cómic que leva por título "O rei da nada: Ela era unha princesiña...", a historia é unha adaptación do capítulo "Ela era unha princesiña" da obra co mesmo nome que o vídeo, O rei da nada, de Sabela Álvarez Nuñez. Unha obra moi interesante da literatura infantil dende unha perspectiva de xénero, ofrecendo outra versión das princesas dos contos. Velaí podes ver este cómic:

O outro recurso que creou Lucía foi un breve titorial no que fai unha breve introdución ao concepto de sororidade. Un termo moi actual no movemento feminista, introducido pola referente kate Millett, que fixo unha chamada á unión das mulleres, abandoando as ideas de "competencia" ou o "individualismo" que promove o patriarcado, para separarnos e non vernos as aliadas que somos na mesma loita.

O recurso creado por Alba foi un titorial adaptado para o alumnado de 6º de Primaria no que se explican breve e doadamente conceptos como o patriarcado, a discriminación, os roles de xénero, a linguaxe sexista... É moi importante ensinarlles aos nenos e nenas estes conceptos dende pequenos/as para que os asimilen e podamos avanzar pouco a pouco cara unha sociedade totalmente igualitaria.

A nosa compañeira Sara realizou un video titorial no que tratou un tema moi presente nos nosos días… o patriarcado. 
O patriarcado é un gran inimigo a vencer entre todos e todas,  fainos moito dano, aínda que afecta con máis amplitude as mulleres.
Deberíamos tratar este tema na escola, para que así o alumnado teña conciencia das súas consecuencias xa que o patriarcado a chegado a definir eses “roles” que as mulleres deben ocupar dentro da sociedade na que vivimos, xa sexa no ámbito familiar coa realización de tarefas domésticas, coidados, como no ámbito laboral, político, económico, etc.

E por último, a nosa compañeira Majda realizou un video titorial dun tema moi importante para ela e para nos tamén, e que calquera neno ou nena, muller ou home teñen que ter en conta.
A igualdade no deporte, é un tema que escoitamos falar moitas veces pero non facemos moito caso. As mulleres tamén practican deporte e cada vez máis, as mulleres tamén xogan ao fútbol, ven o fútbol e entenden de fútbol. Tamén elas forman un equipo e xogan a liga pero, porque nas noticias relacionadas co deporte solo nos mostran o masculino e non o feminino? Queremos conseguir que a sociedade non separe o deporte polo xénero, que o voleibol non sexa para nenas e o fútbol para nenos, podemos xogar todos xuntos sen ningunha distinción. Porque nos tamén sabemos xogar. Tamén podemos falar de Olga e de Gemma e non só de Messi e Cristiano.
Por certo, Olga e gemma son xogadoras do equipo feminino de FC Barcelona, e Messi e Cristiano seguro que xa os coñecedes. ;)

Comentarios

Publicacións populares