Ferramentas Audovisuais.




Chegounos a hora…a hora na que nosoutras 4 comezaríamos a ser as verdadeiras creadoras das nosas actividades audiovisuais. Eu tras moito matinar no que iba a realizar durante esta semana, xa que o noso profesor deixounos elexir entre unha chea de recursos, entre os que destacaban o voki, o cómic, un videoquest, stopmotion, etc finalmente decateime por levar a cabo un videotutorial explicándolle ao alumnado de 6º de primaria qué é o patriarcado.  

Elexín xustamente ese tema porque os nenos e as nenas teñen que ser conscientes da gran desigualdade que aún a día de hoxe segue a existir porque seguimos a vivir nunha sociedade patriarcal, nunha sociedade onde a autoridade e o predominio céntranse nos homes. Penso, que nós coma futuras educadoras debemos ser conscientes delo e intentar transmitirlle a noso alumnado que os homes e as mulleres temos o mesmo valor e as mesmas oportunidades.

Para a realización deste recurso empreguei unha aplicación chamda Movie Maker para que non existise ningún tipo de distorsión da miña voz coa música do fondo. 


Pareceume unha das actividades máis entretidas que levamos feito na materia de Novas Tecnoloxías Aplicadas a Educación Primaria pero a verdade esto non fai máis que empezar!!

Comentarios

Publicacións populares