Traballando con Hot Patatoes

Boasssss!!!
Esta semana tocounos traballar cunha aplicación algo máis antigua baixo o meu punto de vista e diferente a Educaplay, chámase Hot Patatoes.

Nesta aplicación tiven bastantes percances, hahaha, o primeiro de todos foi a dificultade que tiven a hora de poder descargar esta aplicación no me ordenador.

Na elaboración das actividades de Hot Patatoes non tiven ningún problema porque grazas aos videos tutoriales que tivemos en Faitic, resultoume bastante fácil a súa realización, eu decanteime esta vez por:

Jcloze  na que elaborei unha serie de oracións coas que os nenos e as nenas de 6º de primaria deben completar os ocos coa palabra correcta para poder acadar a súa máxima puntuación. As frases tiñan relación coa igualdade temática que estamos a levar en todas as nosas actividades para que así o alumnado tome conciencia dende pequenos/as.




A segunda actividade que levei a cabo foi, Jmix, nesta os nenos e nenas tiñan que reodenar unha serie de palabras para poder chegar a formar unha oración con sentido propio, esta oración fala da Gran Rosalía de Castro.



Por útlimo, realicei a Jmatch, onde puxen unha serie de fotografías das autoras máis coñecidas na nosa Galicia e que levaron a cabo traballos verdadeiramente espectaculares, por exemplo: puxen a foto de Concepción Arenal e o que tiñan que facer os nenos e nenas é relacionar o nome coa súa respectiva apariencia.



Outro percance a destacar foi cando quixen poder xuntar todas estas actividades con Masher xa que non puiden porque non me permitía poder rexistrarme nesta aplicación polo que pensei nunha segunda opción o de subir individualmente cada actividade como fixo a miña compañeira de grupo Alba, aínda así, o intento resultou totalmente negativo xa que tampouco me permitía subir a actividade cousa que tamén lle está a suceder a Majda, outra compañeira miña de traballo, polo que decidimos subir unha captura de pantallas das nosas actividades realizadas. 

Saúdooos, espero que vos gusten!!!!

Comentarios

Publicacións populares