Recursos para o proxecto

Boas noites a todos e a todas!

Hoxe a miña entrada neste blogue vai estar adicada a contarvos cómo foi a miña búsqueda de recursos para o noso proxecto. 

1. O primeiro recurso do que vos vou falar chámase Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria II (http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/guia%20literatura%20infantil%20e%20xuvenil%20non%20discriminatoria%20II.pdf ). Este recurso gustoume moito porque divide os contos por idades, polo que nos permite inculcar a igualdade a nenos/as de diferentes idades. O negativo é a súa estética xa que a tipoloxía de letra non é atractiva e isto fai que non chame a atención.






2. O segundo recurso titúlase Muller e ciencia (https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/repositorio/cont/muller-e-ciencia) e recolle unha serie de textos breves nos que se fala sobre mulleres científicas e sobre as súas importantes aportacións e acto seguido hai diferentes exercicios que axudarán a saber se os/as nenos/as comprenderon o lido. É unha actividade para nenos/as de 6º de Primaria e pareceume moi interesante tanto pola súa estética, que é atractiva á vista, como, sobre todo, polo contido: as importantes aportacións que fixeron as mulleres á ciencia ao longo da historia a pesar de ser un ámbito reservado aos homes.




3. O terceiro  recurso que seleccionei foi o titulado Mulleres pola paz (https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/repositorio/cont/mulleres-pola-paz). Este recurso é para nenos/as de 6º de Primaria e nel fálase sobre a loita de cinco mulleres que loitaron pola paz, igualdade, democracia... nos seus países nun momento e nunhas situacións moi difíciles. Foron mulleres moi valentes e grazas a ellas hoxe en día o mundo é un pouco mellor. Inclúe exercicios e outros recursos para facilitar a súa comprensión.







4. O cuarto e derradeiro recurso que elixín titúlase Reparto do traballo, compartir o tempo libre (https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/repositorio/cont/reparto-do-traballo-compartir-o-tempo-libre). É un recurso que vai destinado a nenos e nenas de 6º de Primaria. O seu formato faino moi atractivo porque está composto por animacións dialogadas sobre situacións da vida cotiá e exercicios relacionados con ditas situacións. Está encamiñado a eliminar os roles de xénero na distribución das tarefas máis comúns. O recurso paréceme moi interesante porque aborda o tema da igualdade dun modo entretido e cunha linguaxe sinxela para os nenos/as.





Un saúdo a todos e todas!!!!😀

Comentarios

Publicacións populares