Vaia privilexio!





Esta experiencia de comezar cun blogue nun primeiro momento resultoume grande, xa que como ben dixe anteriormente nunca fixera un pero… tivemos a sorte de poder dispoñer de modelos de compañeiros e compañeiras doutros anos, que baixo a miña opinión son todos moi bós. 

Os blogues que más me serviron de apoio, foron "LAS OPTIMISTAS" do ano 15-16, xa que tamén tiñan presente a igualdade, un dos valores co que traballamos nós no noso blogue, como tamén menciona a miña compañeira Alba no seu blogue. Outro que tamén podería destacar foi o de  "Letras galegas 2017" do ano 16-17 posto que fomenta a normalización do galego.

A verdade e que temos moita sorte de poder botarlle unha mirada aos blogues para a confección do noso propio, malia isto somos aínda unhas primerizas xa que coma quen di só levamos dous días nesto e espero que grazas a todo isto máis as explicacións do noso profesor poidamos chegar a realizar un blogue impresionante, hahahaahahaha.

Comentarios

Publicacións populares