Outras experiencias no blogue

Ao empezar no blogue o primeiro que fixen é entrar a mirar outros blogues de anos pasados, para mirar o deseño que tiñan, como foi a súa primeira entrada e de que temas falaba cada blogue. O primeiro blogue que me chamou a atención é o de futuras docentes, xa que falan da educación en valores, e é unha parte do tema que nós tamén imos tratar, fun mirando o deseño do seu blogue e máis ou menos o que tiñan publicado. A primeira vez que quería publicar a entrada no blogue non sabía como facer , pero ao mirar outros blogues a verdade é que me serviu de moito. Outro blogue que me chamou a atención foi Mestres en proceso proxecto do ano 2016, polo deseño que tiñan.
Só vou nomear estes dous blogues pero hai moitísimos que teñen un deseño e temas moi interesantes.

Comentarios

Publicacións populares