Revisión feita: unha ollada pola WIKI

Antes de lanzarnos de cheo no noso proxecto, consideramos comezar por aprobeitar o traballo que fixeran as nosas compañeiras e compañeiros de cursos anteriores.
O outro día definíramos o noso proxecto: unha web de recursos dixitais en galego de temática a igualdade de xénero. Así que ao igual que as miñas compañeiras de traballo, tamén centrei a miña búsqueda en blogs con relación a nosa liña temática.
Os dous blogs que máis me serviron de axuda foron: por un lado o blog "Hablemos de noticias" do curso académico 2016/2017, nel fálase sobre a prensa como recurso didáctico e servíume para que tamén no noso traballo incluíramos algún recurso sobre algún xornal dixital en galego co que poder traballar a perspectiva de xénero en Educación Primaria. Por outro lado, outro blog interesante foi "Educación en Valores" do ano 2015/2016, no que se incluían varios recursos para a aula sobre igualdade, entre eles destacaría: unha web de libros online, que  pretenden contar historias alternativas aos contos clásicos mudando os roles tradicionais, e varias guías didácticas para construír a igualdade na aula e coeducación.

Comentarios

Publicacións populares