Inspiración na palma da man

Para comezar un blogue o primeiro que se necesita é saber qué temática vai ter, a cal xa temos. Agora, o que necesitamos é inspiración. Para acadala, temos ao noso alcance múltiples blogues dos nosos compañeiros de cursos superiores.

Navegando polos blogues que temos á nosa disposición no espazo Wiki, chamoume moito a atención o de Acoso en la escuela (ano 2016) debido a que é unha realidade que sucede continuamente. Ademais, está relacionado en parte coa nosa temática, a equidade. Ninguén debe ser acosado na escola, todos debemos ser tratados con igualdade e respeto, ninguén é inferior. Outro blogue que me gustou foi o de Educación en valores (ano 2016) debido a que, como ben dixo a miña compañeira Majda, está relacionado coa nosa temática.

Outro blogue interesante foi Las Optimistas, do ano 2015, xa que trataron o tema da igualdade e resultoume inspiradora a estética do seu blogue e a forma de levar a cabo as entradas, incorporando múltiples fotos e vídeos.

Na miña opinión, estes e outros moitos blogues máis poden sernos de moita axuda na elaboación do noso blogue ao longo destes meses e serannos de gran inspiración.


Comentarios

Publicacións populares