Axudémonos de recursos!





Bos días a todos e a todas, esta semana tocounos unha nova actividade que realizar, a búsqueda de recursos dixitais que fomenten os valores que estamos a tratar, neste caso a igualdade de xénero e o uso do galego. Todos estes recursos son destinados a nenos e nenas que cursan 6º de primaria aínda que poderían ser utilizados por outras idades tranquilamente.

1. ASEMBLEA DE MULLERES DO STEG, Mulleres Galegas


Trátase dun total de 10 actividades, das cales eleximos 6, destinado ao alumnado de 6º de educación primaria, coa finalidade de poder chegar a saber máis sobre mulleres galegas que ao longo da súa vida fixeron grandes aportacións na nosa historia.
Destas 6 actividades, a actividade 10 foi a que maís nos chamou a atención xa que moitas veces as mulleres aínda hoxe en día, nos ámbitos deportivos conseguen grandes éxitos pero a hora de visibilizalas nos periódicos, telexornais... dedican moi pouco tempo a práctica feminina. E baixo o noso punto de vista os nenos e as nenas deben ser conscientes disto e pretendemos mediante este recurso que entre todos e todas erradiquemos estas grandes lacras que nos nosos días seguen entre nós.






2. Portal das palabras. Contra a violencia machista.

Este recurso ten como obxectivo que os nenos e as nenas teñan conciencia de que os malos tratos non son un xogo. Pretendemos mediante un total de 10 preguntas tipo test de duración limitada que adquiran coñecementos no ámbito contra a violencia machista.
Parcénos un recurso dos máis importantes xa que nós coma futuras educadoras debemos ser conscientes da gran desigualdade de xénero que está presente entre todos e todas nos nosos días e debemos intentar transmitirllo a noso alumnado debido a que os grandes esteriotipos de xénero arraiganse nos nenos e nenas de 10 anos derivando en consecuencias negativas.






3. Real Academia, “figuras homenaxeadas”



O Día das letras Galegas é un día de exaltación da nosa terra a través da súa manifestación literaria. Grazas a este recurso podemos ver como ao longo de toda a nosa historia só foron 4 as mulleres homenaxeadas neste día: María Victoria Moreno (ano 2018), María Mariño (2007), Francisca Herrera Garrido (1987), Rosalía De Castro (1963).Este recurso proporciónanos a información necesaria acerca destas grandes mulleres, dividida en biografía, obras e ligazóns.
A lingua segue procesos de descriminación e non de cambio do sistema patriarcal e por iste motivo hai que romper coas estructuras lingüísticas sen caer no sen sentido e estas mulleres anteriormente nomeadas lograron iso, lograron acadar un lugar destacable nunha sociedade totalmente patriarcal no que a muller estaba totalmente invisibilizada sumisa ao home. Grandes loitadoras, grandes mulleres que reivindicaron os seus dereitos.




4. Clara Campoamor e o sufraxio feminino en España

Este recurso pretende mediante unha serie de actividades interactivas  que os nenos e as nenas traballen o tema do dereito ao voto feminino cun valor fundamental, é dicir, coa igualdade, mediante a figura de Clara Campoamor, unha das principais impulsoras do sufraxio feminino en España e defensora dos dereitos da muller española. 
O conxunto destas actividades interactivas pretende que os nenos e as nenas tomen conciencia da riqueza da diferenza, transmitíndolle ao alumnado o valor da importancia da igualdade entre homes e mulleres. 

  






5. Educación para a igualdade de xénero. O traballo doméstico.
 

Este recurso ensina ao alumando a ter una relación de respeto e igualdade entres os homes e mulleres para así evitar todo tipo de violencia. Os nenos e as nenas mediante actividades interactivas tomarían conciencia da gran desigualdade que segue a existir nos nosos días, non só no ámbito doméstico, senón no resto.
Vemos tamén coma este video rompe cos grandes esteriotipos que existen acerca de falar “galego” e da importancia que ten non perder o seu uso xa que é a nosa lingua e senón a coidamos nos, quen o fará…?






Comentarios

Publicacións populares