Falemos dalgúns recursos...

A actividade desta semana é a busqueda de recursos dixitais para o noso proxecto: crear unha web de recursos dixitais en galego que contrubúan na educación en valores, en concreto da igualdade. Antes de comezar a entrar na materia, dicir que todo eles están destinados para o alumnado de 6º de Educación Primaria, unha vez comentado isto pasemo a presentar os recursos que elixín.

1. María Victoria Moreno (Letras galegas 2018)

Unha tarefa case obrigatoria no noso proxecto é tratar o papel das mulleres nas nosas letras, que mellor maneira que facelo aprobeitando que este ano a homenaxeada polas Letras Galegas é unha muller. Para isto esta multiplataforma que conta con actividades interactivas, coas que, a través de distintas preguntas tipo test, achéganos a vida e obra de María Victoria Moreno. É ferramenta unha útil, para que os nenos e nenas demostren os coñecementos adquiridos sobre esta parte da literatura galega, que pode servirnos para substituír probas de avaliación escrita como os exames. Ao mesmo tempo achega ao alumnado a contribución feita por unha muller nun campo do que historicamente ás mulleres fomos excluídas, desta maneira poñemos en valor a obra desta voz feminina e que axudamos na construción de novas referentes para ás vindeiras xeracións, refrentes ademais no noso idioma.


2.Pimpinela

Trátase dun vídeo elaborado polos rapaces e rapazas do CEIP Plurilingüe A Magdalena de As Pontes, no que se elabora un relato partindo da coñecida obra de teatro dun dos clásicos da nosa lingua:  Castelao “Os vellos non deben namorarse”.
A obra orixinal divídese en tres lances de estrutura e tema moi semellantes: tres vellos ricos (un pequeno burgués, un fidalgo e un labrego acomodado) que se namoran de tres mozas pobres e que por intentaren conseguir o seu amor acaban morrendo. 
Esta peza teatral ten un tema esencialmente tráxico (o vello que se aferra á vida, representada na frescura das mozas), mais está tratado dun xeito humorístico e crítico: os vellos, confiados no poder do seu diñeiro e cegados polo amor, chegan a ser obxecto de burla, non só por parte das mozas, senón tamén por parte do pobo. En todos os lances existen tamén uns mozos, dos que as rapazas están namoradas. E en todos aparece tamén a morte como un personaxe.
O vídeo parte do terceiro lance: a historia de Pimpinela, da cal van ofrecer a súa versión. Este recurso, aínda que de primeiras poida parecer que non garda relación coa temática do noso traballo, o certo é que ofrece múltiples posibilidades de actividades de traballo despois da súa proxección que si o poden facer.
A actividade que propoño en relación co noso proxecto sería: despois de velo vídeo analizar a relación de amor que se plantexa na historia a través dos comentarios que lle fan as distintas personaxe a Pimpinela: casar por interese, que deber ser como “as outras mulleres”, a relación entre un vello e unha rapaza máis xoven...
Desta maneira partindo da análise concreta da historia pode servirnos para analizar a idea das relacións entre as persoas na actualidade e  o papel que xoga a muller nestas, ao mesmo tempo que se traballa na deconstrución do amor romántico hexemónico. 
Tamén se podería rematar esta actividade pedíndolle ao noso alumnado que inventen  a súa propia historia de amor de Pimpinela, tratando de botar abaixo moitos dos prexuízos da nosa sociedade que detectaran no exercicio anterior.




3. Mulleres que fixeron historia

Trátase dunha plataforma, destinado para o alumnado de 6º curso de Educación Primaria,  coa finalidade de traer á memoria algunhas das mulleres que fixeron grandes contribucións na historia, dende guerrilleiras, pasando por escritoras, científicas... todas elas mulleres que loitaron polos seus dereitos ou por ocupar un espazo do que eramos excluídas. Para elo, esta plataforma en forma de libro comeza a presentarnos e a estas mulleres acompañando esta introdución cun crebacabezas para cada unha delas. Despois disto conta con unha serie de actividades de consolidación dos coñecementos expostos: preguntas para elixir unha resposta, unir frases, clasificar as mulleres segundo a súa área de traballo...
A historia que coñecemos é a historia contada e protagonizada por homes, sendo invisibilizada o papel e as principais achegas das mulleres. Por xustiza histórica con todas elas, que loitaron por mudar un pouco este mundo, é necesario traelas á lembranza, a través de ferramentas como estas. Ao mesmo tempo que serven de exemplo para o noso alumnado.


4. A quen te pareces?
O Colexio Profesional de Enxeñería en Informática (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanzaron esta páxina web para animar a rapaces e rapaces a escoller esta carreira profesional a través da presentación das piononeiras do desenvolveento das TIC.
A web conta cun test de seis preguntas: "Cando estás coas túas amigas, como te definen?", "Que actividades son as que máis che gusta facer no teu tempo libre?", "Cando non tes claro como se fai algo en internet, a quen acudes?", "Cando usas o ordenador cales son os programas que máis che gustan?", "Cal é o teu programa favorito para navegar pola rede? e Cando pensas no futuro, que tipo de traballo che gustaría facer?" os mozos e mozas poden descubrir a figura dunha das persoas que nas últimas décadas mudaron a historia do mundo a través da informática.
Desta maneira, a través deste cuestionario interactivo, o noso alumnado pode achegarse ao coñecemento da contribución de 9 mulleres nun ámbito que a priori a sociedade non considera “cousa de mulleres”: Ada Byron (a primeira programadora da historia), Mitchell Baker (impulsora de Mozilla), Margaret Hamilton (responsable do deseño e desenvolvemento do software das computadoras das misións do Proxecto Apolo), Ángela Ruíz Robles (inventora dun precursor do ebook), Radia Perlman (autora dun gran número de patentes fundamentais para a seguridade en Internet), Ana María Prieto (a primeira programadora galega), Marissa Mayer (directora executiva de Yahoo), Carol Shaw (primeira deseñadora de videoxogos) e Anita Borg (pioneira do software libre e impulsora dunha maior presenza das mulleres nas TIC). Ao mesmo tempo que serven de referentes para que moitas mulleres se decanten polo estudo dunha carreira técnica, relacionada co mundo da tecnoloxía.



Enlace: http://rapacinas.gal/test


Comentarios

Publicacións populares