Facemos un glogster!

Boas tardes!
Unha vez seleccionados os recursos dixitais en galego que traballen a educación en valores: a igualdade, enfocada cara o alumnado de 6ºde primaria, puxémolos todos en común nun póster educativo que fixemos coa aplicación glogster. 

Este póster é unha maneira visual de presentar todos os recursos para que poidan acceder a eles. Ao mesmo tempo, tamén incluímos unha nube de tags coas palabras chave do noso traballo e un código QR a partir do cal a xente pode acceder ao noso blog.

Gustaríanos sinalar que a forma que escollemos para a nube de tags é unha estrela, en referencia aos versos que adica o poeta ourensán Curros Enríquez a Rosalía de Castro:

"Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar."

Xa que nos atopamos con que o pasado día 24 de febreiro se celebrou o día de Rosalía de Castro en referencia ao aniversario do seu nacemento, facer unha refencia desta figura tan relevante da nosa literatura parecíanos unha tarefa imprescindible do noso traballo e que mellor maneira que aprobeitando estas datas.

No tocante a estrutura do glogster, dividimos os recursos atopados en tres temáticas: muller e ciencia (Mulleres exploradoras, Muller e Ciencia, e A quen te pareces?), teoría feminista (Planeta igualdade, Reparto do traballo e Educación para a igualdade de xénero) e, por último, muller e historia (Mulleres que fixeron historia, Sufraxio feminino en España, Mulleres pola paz e Galegas e Marías).

Para rematar queríamos facer unha reflexión sobre o póster como recurso didáctico, dende o noso punto de vista consideramos que é un xeito innovador de presentarlle ao alumnado os diferentes contidos dunha determinada unidade didáctica, para captar a súa atención e que resulte máis motivador o proceso de ensinanza- aprendizaxe.
Fai click na imaxe:
https://edu.glogster.com/glog/blank-horizontal-glog/2o5qanub2bl



Comentarios

Publicacións populares