Por unha sociedade máis avanzada

Bueno, para empezar esta é a miña primeira experiencia nun blog e non sei como vai saír isto, pero hoxe en día creo que todo o mundo ten un móbil e non un móbil nomral, senón un móbil da última tecnoloxía que hai, pero a miña pregunta é, cántas desas persoas con esos móbiles teñen un blog?Eu, polo menos non o tiña nin nunca o tiven e as miñas compañeiras tampoco o tiñan, pero todos e todas temos instagram e facebook, xa que iso hoxe en día non lle pode faltar a ninguén. Cremos que estamos moi avanzados e avanzadas na tecnoloxía, pero non o estamos de todo, polo menos eu recoñezo que a tecnoloxía non é o meu.
Polo tanto, creo que todos e todas debemos ter un gran interese na tecnoloxía, xa que todo o mundo hoxe en día, funciona con todo o tecnolóxico. Con isto o que quero dicir é, que nós, como futuros docentes, debemos facer que os nosos alumnos e as nosas alumnas se interesen pola tecnoloxía, e que estean preparados e preparadas para un novo mundo, no que todo vai funcionar coa tecnoloxía e nos avances que esta ten e vai ter.
Tecnoloxía e lingua galega, podría ser unha boa combinación?Eu creo que si, porque a lingua galega tamén ten que estar presente na ciencia e na tecnoloxía. Temos que ensinar ao noso alumnado a valorar a súa lingua e non deixala nun segundo plano, a sociedade debe cambiar moitas formas de pensar, porque senón non avanzamos, e senón avanzamos, vai ser moi difícil adaptarse a estas novas tecnoloxías. E isto non ten porque facerse solo na escola, senón que os pais e demáis seres iguais tamén deben colaborar nisto, e ensinar aos seus fillos a valorar a súa lingua, defendela e non deixala atrás ata perdela.
Tampouco debemos esquecer outro tema importante: O sexo e o xénero, e a educación en igualdade. A sociedade ten que deixar de asignar diferentes roles para cada sexo, e nos colexios teñen que empezar usando unha linguaxe adecuada para poder lograr unha igualdade entre nenos e nenas. Isto débese ensinar dende pequenos, na Educación Primaria, e non esperar ata que eses nenos e nenas cheguen á unha carreira, e así creo que podemos mellorar algo esta sociedade. Isto debe estar presente en calquera docente, para poder chegar a dar unha boa educación e ser un/unha bo/boa docente.
O noso traballo trátase de crear unha rede de recursos dixitais coa lingua galega e en relación a educación con valores.

Comentarios

Publicacións populares