A revolución xa chegou



Síntome nerviosa pero emocionada e con moita intriga xa que nunca elaborei un blogue anteriormente. Teñor moitas ganas por aprender e poder adquirir, axilizar e optimizar as hablidades necesarias para poder desenvolverme de maneira axeitada coas TIC, xa que estamos vivindo nunha auténtica revolución da información e non nos decatamos do pouco coñecedores/as que podemos chegar a ser da nova tecnoloxía que nos está a rodear.

Como ben din as miñas compañeiras, a maioría empregamos o móbil, pero moi poucas persoas somos capaces de poder desenvolvernos coas novas tecnoloxías, e oa fin de contas, son o motor da sociedade na que estamos a vivir e que si realmente queremos nun futuro chegar a competir nun mercado laboral é fundamental estar totalmente actualizado/a neste ámbito.

Nós pensamos en integrar neste blogue dous temas que adía de hoxe son esenciais.Un é o da equidade de xénero, debido a que as novas tecnoloxías son unha ferramenta fundamental paea poder chegar a favorecer a igualdade entre ambos xéneros. Pretendemos entre todas chegar a romper cos esteriotipos de xénero creados dentro dunha matriz heteronormativa froito da socialización. Pensamos que se lle transmitimos aos nenos e as nenas que tanto o sexo como o xénero son ambos contruidos poderemos lograr unha equidade futura e transgredir ese modelo hexemónico patriarcal no que vivimos conseguindo con todo isto unha eduación inclusiva na que todos e todas esteamos dentro, xa que toda persoa posúe o dereito a eduación.

Por outra banda, imos tratar tamén de reivindicar o emprego do galego na vida cotidiá. Unha pregunta que se me pasa moitas veces pola miña cabeza é...se nós coma galegos e coma galegas non coidamos e "cultivamos" o noso idioma, quen o fará?. Todos e todas temos que concienciarnos do ben prezado que posuímos os galegos e as galegas e o pouco que o valoramos e debemos entre todos e todas loitar pola nosa lingua, senón chegará un día no que, por desgraza, chegue a desaparecer...

Comentarios

Publicacións populares