A importancia das NNTT

Ola a todas e todos! Para comezar co blog, quería deixar claro que esta é a primeira vez que fago uso dun, pero paréceme que vai ser unha experiencia interesante porque aprenderei a facer uso del gradualmente. Hoxe en día, as persoas da miña idade máis ou menos pensamos que o sabemos todo acerca da tecnoloxía, que sabemos facelo todo e manexalo todo. Pero isto non é así. Sí que é verdade que, polo menos eu, podo dicir que sei manexar moi ben un teléfono móbil, pero, á hora de facer uso do meu portátil, carezo de competencias. Antes, cando non tiña móbil, facía un gran uso del e controlábao bastante, pero agora, cústame ata facer  as cousas básicas do Word!

Espero que ao longo desde cuatrimestre poda mellorar as miñas habilidades nas tecnoloxías porque considero que son algo moi importante tanto na nosa vida diaria como na nosa futura profesión como docentes. Facer uso delas é moi útil e fannos a vida más fácil pero iso sí, non debemos facer un uso excesivo delas, como nos ocorre diariamente cos móbiles.

Nós eliximos tratar o tema da lingua galega e da equidade, xa que nos parecen dúas cousas moi importantes. A lingua galega é a lingua da nosa terra e, por desgraza, está infravalorada e "quen a fala é de aldea ou a xente maior". Eu non o considero así. Si que é verdade que eu, na miña vida diaria, falo sempre en castelán, pero é tan so porque dende pequena sempre me falaron nesa lingua e acostumeime a ela. Non teño unha consideración negativa da mesma, é máis, prefíroa e paréceme moito máis bonita que o castelán. Creo que este traballo pode facer que as/os galegas/os abramos os ollos e queiramos recuperar a nosa lingua, un paso que sería moi importante.

Por outra banda, interesounos moito o tema da equidade porque é algo que aínda está pendente na nosa sociedade. Hoxe en día está moi presente na nosa vida diaria o machismo, e cada vez hai moitas máis reivindicacións en contra diso, cousa moi positiva. Como estudamos anteriormente, o sexo é algo biolóxico, algo co que se nace, e o xénero é algo social, adquirido en sociedade. Vivimos nun mundo no que, en función do noso sexo teremos que adquirir unha serie de roles de xénero, e quen non os cumpra, será criticado. Éste paréceme un subtema moi interesante para tratar no noso traballo debido a que é algo que vivimos diariamente.

Comentarios

Publicacións populares